Condicións da Compra

─── Condicións xerais de Origen Galicia ─── 

Condicións de Compra

ORIGEN GALICIA é unha tenda en liña de Produtos Galegos, aberta as 24 horas do día e os 365 días do Ano, para que os nosos Clientes poidan comprar cómodamente a nosa Selección de Produtos de máxima Calidade e de Orixe Galego. A continuación detallámosvos os termos e condicións xerais que regulan a compra dos nosos produtos a través de www.origengalicia.com. Neste sentido, entendemos que o uso da nosa páxina web establece a aceptación destos termos e condicións xerais.

Atención ó cliente

Se tedes algunha dúbida ou suxerencia con respecto ós productos e/ou servizos da nosa tenda en liña, escríbenos ó seguinte email: info@origengalicia.com ou chámanos ó 881 929362 en horario de 9:30 a 19:30 de Luns a Venres.

Rexistro

Para poder facer unha compra na nosa tenda en liña é necesario realizar o “Rexistro de Usuario” creando unha conta persoal ou de Empresa. Desta forma, os teus datos estarán gardados e poderás axilizar o proceso de compra. Se queres crear unha conta na nosa tenda en liña, debes ir ó apartado “Entrar” e cumprimentar todos os Campos Obrigatorios para o teu rexistro. E se tes conta pero esqueciches o teu contrasinal, debes ir igualmente ó apartado “Entrar” e, unha vez alí, pulsar na opción “¿Esqueciches o teu contrasinal?” para recuperarlo.

Proceso de compra

Deseñamos a nosa tenda en liña para que a súa navegación sexa moi usable, de fácil manexo e para que o proceso de compra sexa moi intuitivo. Simplemente tes que navegar polas diferentes categorías de Produtos desde o menú principal e engadir ao carriño os Produtos que seleccionases. Todos os nosos Produtos están optimizados por tamaño e peso para o seu correcto envío. Poderás realizar o teu pedido en calquera momento, escollendo o método de pago que máis che conveña.

Lugares de envío
A nosa tenda en liña é visible desde calquera lugar do mundo grazas a que Internet é Global, pero a día de hoxe soamente realizamos entregas en España, exceptuando as Illas Canarias e Baleares, nin a Ceuta nin a Melilla. Os prezos dos envíos están en euros e inclúen os impostos correspondentes de acordo á lexislación española vixente e os seguros correspondentes. Os prezos expostos poderán ser revisados e modificados en calquera momento por ORIGEN GALICIA.
Condicións de Envío
Todos os pedidos realizados polos nosos clientes na nosa tenda en liña enviaranse nun prazo de tempo máis curto posible. Tan pronto como o teu pedido salga de ORIXE GALICIA, enviarémosche un correo electrónico para confirmar o seu envío. Co fin de optimizar a entrega, ademais de indicarnos a dirección onde debe ser entregado o pedido, necesitamos tamén un teléfono de contacto para solucionar calquera contratempo que puidese xurdir durante a repartición. A entrega do pedido realizarase en horario comercial. E se por algunha razón non se pode realizar a entrega tras dous intentos sen éxito, entón o noso repartidor notificará a imposibilidade de facer a entrega por ausencia do destinatario e deixará unha nota para que vaias á oficina máis próxima a retirar o teu pedido. Por este motivo, é importante detallar calquera dato relevante para a entrega na túa dirección de envío, así o teremos en conta e será entregado a tempo.
Envíos Especiais
Se o desexas, podes programar o envío dun pedido de forma periódica, simplemente terás que comunicárnolo para coordinar a túa solicitude; escríbenos ao seguinte email: info@origengalicia.com ou chámanos ao 881 929362 en horario de 9:30 a 19:30 h de Luns a Venres. Estaremos encantados de atenderche persoalmente.
Formas de Pago
Na nosa tenda en liña aceptamos como forma de pago, tanto a tarxeta de crédito como a de débito, desta maneira o importe da compra cargarase en tempo real.
Seguridade
As compras realizadas e os datos que nelas transmítense son en formato encriptado SSL, facendo o proceso de compra totalmente Seguro. Ademais, en ORIXE GALICIA nunca teremos acceso ás informacións confidenciais relativas ao medio de pago e, ao non ser almacenados por nós, os datos bancarios de cada usuario serán solicitados para cada novo pedido.
Garantía
ORIGEN GALICIA é unha tenda en liña de Produtos de Alimentación con Orixe Gallego, que permite ao consumidor final recibir no seu domicilio produtos da máxima calidade. Traballamos tanto para consumidores finais particulares para o seu consumo doméstico, como para negocios de hostalería e/ou distribución.
Produto engadido á lista de desexos